Celso García de la Riega

Biografía, Obras, Pinturas, Teorías y Artículos

Cen anos despois de Celso García de la Riega

800330«O que aquí presentamos é unha viaxe pola obra de Celso García de la Riega». A deputada provincial de Cultura, Ana Isabel Vázquez, inaugurou así a exposición que dende onte acolle o Arquivo Provincial de Pontevedra sobre o home que defendeu por primeira vez a tese da orixe galega de Cristóbal Colón. Xunto a ela estaban o director do Museo, Carlos Valle, e o bisneto do autor, Guillermo García de la Riega.

A mostra, montada co gallo do centenario da morte de Celso García de la Riega, que se conmemora este ano, pecha unha serie de actividades que viñan reivindicar o seu traballo intelectual máis alá da tese do Colón galego. «Certamente é unha figura ensombrecida sobre a que conviña botar luz», sinalou onte Carlos Valle. «De aí que hai dous anos iniciaramos unha programación que incluíu mesas redondas e a presentación das súas obras completas, entre outras cousas».

Valle coincidiu co bisneto de De la Riega en que o legado do investigador vai máis alá da súa tese colombina. «Practicamente quedou reducido a iso. Ignórase o esencial da súa biografía». O director do Museo quixo destacar a cantidade de publicacións que realizou De la Riega así como o feito de que sobresaíse na súa época como polemista.

800336A exposición do Arquivo Provincial, «realizada a modo de recoñecemento e reivindicación da súa figura», segundo a Deputación, poderase visitar durante o mes de novembro, 5 de Diciembre.

Nela poden verse reproduccións de todos os seus debuxos e pinturas (os orixinais atópanse no Museo), a súa obra literaria, interpelacións parlamentarias, críticas aos seus traballos, varios dos seus artigos xornalísticos, etc. «Hai que deterse en concreto nos seus debuxos coloreados, nos seus óleos e nos seus planos, todos de grande minuciousidade, onde queda patente que De la Riega era un socio destacado da Sociedade Arqueolóxica por algo», explicou Carlos Valle. Esas ‘reconstrucións’ serven para recuperar dalgunha maneira a historia de Pontevedra. «La exposición está sin duda marcada por estos cuadros tan atractivos», coincidiu Guillermo García de la Riega.

Intelectual

«En definitiva de lo que se trata es de llamar la atención sobre García de la Riega como personaje intelectual de una época más allá de sus tesis de Colón», sinalou o bisneto do homenaxeado.

800337As dúas obras máis relevantes de De la Riega foron ‘La Gallega’, de 1897, e ‘Colón, español. Su origen y su patria’, de 1914. Con elas foi o iniciador da tese do Colón pontevedrés e creou unha escola sobre a que hoxe se seguen a achegar datos.

Celso García de la Riega foi secretario do Goberno Civil de La Habana, membro do Tribunal de Cuentas, xefe de Política Exterior do Ministerio de Ultramar, Gobernador Civil de León, deputado por Cambados polo Partido Liberal e membro da Real Academia Galega. A súa obra abrangue diversos campos, dende a Historia á Filoloxía pasando pola Toponimia ou a Literatura.

Foi socio de mérito da Sociedade Arqueolóxica e a súa obra ‘Galicia Antigua’ foi declarada de «relevante mérito» pola Real Academia de la Historia.

 

Enlace diario de Pontevedra

Anuncios

Navegación en la entrada única

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: